Rosa Gallego ha presentado en la mañana de ayer la denuncia en la Fiscalía para que se investiguen posibles delitos penales en la compra irregular de inmuebles por parte del Gobierno de Marea Atlántica al firmante y miembro fundacional de la Marea, Toni Lodeiro.
El juzgado abre diligencias por presunta PREVARICACIÓN del gobierno de Xulio Ferreiro por el caso de la cesión de la cárcel.
Presupuestos Rosa Gallego: "Ferreiro ha logrado que el presupuesto de 2018 sea aún peor que el de 2017 porque no resuelve ni un problema real de los coruñeses y los empeorará porque sube los impuestos a cambio de nada".

viernes, 18 de noviembre de 2011

ACTIVIDAD MUNICIPAL. JUNTA DE GOBIERNO

CULTURA.EXPOSICIÓN

¿ Tamen serán recortes ?


Benestar reforza o seu compromiso coa inclusión dos colectivos máis desfavorecidos incrementado esta partida nun 1,6% en 2012


A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe o seminario europeo ‘A estratexia Europa 2020 nas comunidades autónomas’’ na Escola Galega de Administracións Públicas

A responsable do departamento autonómico destaca que os orzamentos do próximo ano contemplan un millón de euros máis para a Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), unha partida que será ademais ampliable para atender a todos os solicitantes sempre e cando cumpran os requisitos

As axudas de emerxencia social aumentarán en 100.000 euros e en case medio millón as subvencións destinadas a albergues e comedores sociais

Mato lembra que a modificación da Lei de Inclusión de Galicia entrará en vigor en 2012 e afirma que será unha normativa para coordinar a acción da administración e do terceiro sector a favor da inclusión

A conselleira apunta que as persoas en risco de exclusión son colectivo prioritario das políticas activas de emprego




Beatriz Mato na inauguración de ‘A estratexia Europa 2020 nas comunidades autónomas’

Santiago, 17 de novembro de 2011.- Os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2012 contemplan un incremento do 1,6 por cento das partidas destinadas á inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos.

Así o confirmou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen destacou hoxe en Santiago- no transcurso da inauguración do seminario europeo ‘A estratexia- que o Goberno galego reforzará o seu compromiso con estas persoas aumentando nun millón de euros a partida destinada para a Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), que ascende hasta os 23,3 millóns de euros. Este orzamento, ademais, será ampliable para que todas as persoas que soliciten esta subvención poidan resultar beneficiarios da mesma, sempre e cando cumpran cos requisitos.

Así mesmo, a responsable de Benestar indicou que o orzamento dirixido á inclusión social tamén inclúe un aumento de 100.000 euros nas axudas de emerxencia social e de case medio millón de euros nas subvencións para os albergues e comedores sociais. En concreto, a partida destinada a comedores sociais sube un 29,3%.

A estas actuacións, todas elas contempladas nos presupostos de 2012, Mato afirmou que se suman medidas xa postas en marcha pola Xunta como o feito de que as persoas en risco de exclusión sexan colectivo prioritario das políticas activas de emprego.

A conselleira tamén lembrou que a Xunta está a elaborar una nova Lei de Inclusión de Galicia que entrará en vigor en 2012. Ao respecto, recordou que a normativa está a ser redactada no seo do Diálogo Social de Galicia e apuntou que constitúe “unha aposta pola coordinación da acción da administración e do terceiro sector a favor da inclusión, en resume, é unha aposta pola persoas”.

A modificación da lei recolle, entre outras actuacións, a reforma da Renda de Integración Social de Galicia, que de ser un subsidio converterase “nun auténtico impulso á inclusión social, coordinando os sistemas dos servizos sociais e de emprego”.

Neste senso, indicou que “o emprego é o piar básico do benestar e da inclusión” e asegurou que a nova lei seguirá os preceptos marcados desde o ámbito comunitario nos últimos anos, desde o informe conxunto sobre protección e inclusión social do Consello Europeo 2009 ata o documento marco do Ano Europeo 2010 de loita contra a exclusión e a comunicación.

Por último, Mato mostrou o seu recoñecemento á organización do seminario, a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, e a todas as entidades do terceiro sector. "É un movemento básico e mostra do avance do voluntariado”, concluíu.